InicioSociedadeFamiliares denuncian a celebración dunha misa na residencia Paz y Bien de...

Familiares denuncian a celebración dunha misa na residencia Paz y Bien de Tui “sen respectar a normativa antiCOVID”

A congregación responsable do centro asegura que a cerimonia cumpriu os requisitos sanitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarios de Residencias (REDE) denunciou este luns a celebración dunha misa no centro Paz y Bin de Tui, “sen respectar a normativa antiCOVID”, e a pesar das peticións de que se suspendese a eucaristía polos riscos que podería ter.

O portavoz da organización, Paulino Campos, explicou, en declaracións a Europa Press, que a misa se celebrou na tarde deste luns, coa presenza de tres sacerdotes do santuario da Franqueira, así como “dous gaiteiros e uns 40 invitados“.

Segundo sinalou, a cerimonia desenvolveuse “sen distancias de seguridade” e lembrou que, precisamente neste centro, a terceira onda provocou un importante brote de contaxios (66 casos de usuarios e máis dunha trintena entre traballadoras), que se saldou con 23 persoas falecidas.

A responsable da residencia, a irmá Isabel Lomba, explicou, no entanto, que a misa se desenvolveu con normalidade, nos xardíns do centro, “con máscaras e respectando a normativa sanitaria”. Á celebración, que tamén serviu como homenaxe ás persoas falecidas pola pandemia, “foron convidados familiares dos usuarios, e acudiron os que quixeron”.

O centro Paz e Ben de Tui foi intervido pola Xunta de Galicia a mediados de xaneiro pasado, aínda que xa non está baixo intervención da administración. Fontes de Política Social consultadas por Europa Press sinalaron que a celebración de actos relixiosos non está prohibida nos centros, “sempre que se respecten as normas sanitarias” e engadiron que non teñen probas nin constancia de que estas normas se incumprisen este luns na devandita residencia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...