InicioSociedadeO Sergas pide colaboración para localizar a clientes do Marina Cíes de...

O Sergas pide colaboración para localizar a clientes do Marina Cíes de vigo, tras detectarse 8 positivos

Ese día chegou a haber 200 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas solicitou colaboración cidadá para localizar ás persoas que estiveron nun restaurante e local de copas do paseo de Samil, Marina Cíes, en Vigo, o pasado 27 de marzo, tras detectarse un brote de COVID-19 que, polo momento, xa afecta a 8 persoas.

Así, Sanidade fixo un chamamento ás persoas que estiveron no local esa tarde, despois de que se detectou un caso positivo de coronavirus. Os primeiros rastreos confirmaron outros sete contaxios máis.

O Sergas pediu aos clientes que estiveron no establecemento que se poñan en contacto nos números de teléfono 986885910, 986885825 ou 986885823, para que se sometan a unha proba diagnóstica.

O xerente do local, Odilo Rodríguez, puntualizou, en declaracións a Europa Press, que esa tarde “non se estaba celebrando ningunha festa”, senón que a xente estaba a gozar das súas consumicións e da música desde as mesas, “con máscara” e cumprindo a normativa sanitaria. De feito, precisou, o aforamento COVID da terraza superior do local é de 219 persoas, e a afluencia non chegou aos 200 clientes (162, segundo sinalou).

Rodríguez si recoñeceu que a Policía Local acudiu ao establecemento e que “unicamente” tramitou unha multa contra unha persoa, ademais de ordenar que cesase a música por non ter permiso para iso o local. En todo caso, sinalou que Marina Cíes ten rexistro das reservas e apuntou que o Sergas non se puxo en contacto con el para solicitarlle esa información.

Finalmente, tras insistir en que o local e os clientes estaban a cumprir rigorosamente as normas antiCOVID, trasladou a súa sospeita de que os contaxios puideron producirse fóra do local, nalgún encontro ou reunión no que se xuntaron varias das persoas que previamente estiveran no establecemento.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...