InicioSociedadeA área de Vigo descende en casos activos pero conta cun novo...

A área de Vigo descende en casos activos pero conta cun novo paciente en UCI

Na xornada do venres rexistráronse 27 novos contaxios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes ingresados con covid-19 nos hospitais galegos descenderon lixeiramente ata os 210, dous menos que 24 horas atrás. Deles, 180 están en planta –dous menos– e 30 en unidades de coidados intensivos –os mesmos–. A baixada dos ingresados prodúcese nunha xornada na que tamén caeron os casos activos da enfermidade, ata o total de 2.223, que son 83 menos que un día atrás; e os novos contaxios detectados, ao sumarse 108 positivos, despois dos 154 do día antes.

Os hospitalizados baixaron na área de Vigo, ao subir os de UCI lixeiramente ata os sete pacientes –un máis–, pero descender ata 44 –catro menos– os de planta. A situación é paralela no caso dos contaxios; dos que na última xornada 27 se corresponden coa área de Vigo, só por detrás da Coruña. A área olívica sitúase así con 605 casos positivos, 16 menos que o pasado venres.

Así, os contaxiados totais por este coronavirus na Comunidade galega ascenden a 117.424 en total, dos que 28.512 corresponden á área da Coruña-Cee; 22.324 á de Vigo; 18.544 á de Santiago; 14.881 á de Ourense; 12.825 á de Pontevedra; 12.073 á de Lugo; e 8.265 á de Ferrol.

REPUNTA A TAXA DE POSITIVIDADE

Ata a data da última actualización de datos, Galicia levou a cabo 1.863.866 PCR, tan só 2.222 entre as 18,00 do xoves e as 18,00 do venres –fronte ás máis de 5.000 das 24 horas previas–. No relativo á taxa de positividade, subiu ata o 3,3%, pero aínda continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia pola Covid-19 faleceron en Galicia 2.344 persoas diagnosticadas con este coronavirus, despois de que ao longo do venres Sanidade non notificase ningunha nova vítima. En canto aos curados, subiron ata as 112.878 persoas, o que implica que nas últimas 24 horas deuse o alta a 191 pacientes.

ÚLTIMAS

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Deteñen un home por vender droga nas inmediacións de centros educativos

A Policía Nacional detivo a un home en Redondela pola venda de sustancias estupefacientes...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...