InicioSociedadeAxentes de Policía auxilian a unha muller que se puxo de parto...

Axentes de Policía auxilian a unha muller que se puxo de parto na rúa en Vigo

A muller explicou aos axentes que tiña contraccións moi seguidas e que cría que ía dar a luz, polo que os axentes chamaron de inmediato a unha ambulancia, mentres tentaban acougar á nai, que rompera augas, e tamén ao neno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo interviñeron para auxiliar a unha veciña da cidade, de nacionalidade senegalesa e de 22 anos de idade, que se puxo de parto e necesitaba un transporte para ir ao hospital.

Os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando unha dotación de axentes de paisano  encontrou unha parella e un neno duns dous anos de idade, que se atopaban na vía pública á altura do número 205 da rúa Travesía de Vigo.

A parella presentaba estado de nerviosismo e, cando os axentes se achegaron, comprobaron que a muller estaba en avanzado estado de xestación, mentres que o seu marido trataba de buscar un transporte para levala ao hospital, e o pequeno, fillo de ambos, estaba a chorar asustando ao ver á súa nai queixándose de fortes dores.

A muller explicou aos axentes que tiña contraccións moi seguidas e que cría que ía dar a luz, polo que os axentes chamaron de inmediato a unha ambulancia, mentres tentaban acougar á nai, que rompera augas, e tamén ao neno.

Cando chegaron os primeiros efectivos sanitarios constataron que o parto estaba moi avanzado, polo que solicitaron unha ambulancia medicalizada, que trasladou á muller ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Mentres uns axentes atendían á nai, outros atenderon ao menor, que non deixaba de chorar, e ao que lograron consolar e distraer con algunhas ‘lambetadas’ e deixándoo xogar coas súas lanternas.

Pouco despois, unha dotación do 091 trasladouse ao Álvaro Cunqueiro para interesarse polo estado da nai, e alí os axentes foron informados de que o parto se produciu sen complicacións, e que a moza dera a luz a unha nena.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...