InicioSociedadeFernández-Tapias propón fixar a sede do Consorcio Casco Vello de Vigo nun...

Fernández-Tapias propón fixar a sede do Consorcio Casco Vello de Vigo nun edificio en propiedade

Está previsto o seu desafiuzamento de forma "inminente" nas actuais instalacións do Consorcio, na Praza da Princesa, nas que o Concello vai realizar reformas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Marta Fernández-Tapias, propuxo fixar a sede desta entidade nun local en propiedade situado na rúa Ferrería, 45, o que se debaterá no consello extraordinario convocado para este xoves.

Segundo informou, esta cuestión será debatida “con máxima urxencia” debido ao desafiuzamento que está previsto de forma “inminente” nas actuais instalacións do Consorcio, na Praza da Princesa, nas que o Concello vai realizar reformas.

Fernández-Tapias indicou que o edificio de Ferrería, que “se axusta ás esixencias dos estatutos” e requiriría obras de acondicionamento por un custo de 26.000 euros, “contrubirá a dar unha maior visibilidade e a mellorar a accesibilidade” ao organismo pola súa localización próxima ao Paseo de Alfonso e por situarse nunha planta baixa.

Acerca da súa localización actual, explicou que, ao tratarse dun local cedido provisionalmente polo Concello de Vigo, as dúas entidades teñen que subscribir periodicamente un convenio. Por iso, considerou que ocupar un local en propiedade outorgaralle “maior seguridade, ao non depender dunha autorización supeditada ao interese municipal”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...