InicioSucesosUn detido por agresión á súa exparella tendo unha orde de afastamento...

Un detido por agresión á súa exparella tendo unha orde de afastamento e causar danos na vivenda

Os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do sábado, cando unha muller chamou ao 092 para alertar de que o seu expareja presentouse na súa vivenda, da que aínda tiña chaves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 61 anos de idade, J.M.V.N., como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena e outro de violencia de xénero, tras vulnerar unha orde de afastamento da súa exprarella, á que empuxou e ameazou.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do sábado, cando unha muller chamou ao 092 para alertar de que a súa exparella se presentou na súa vivenda, da que aínda tiña chaves, e lle dera un empuxón.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse coa muller quen, moi alterada, explicoulles que a súa exparella entrara no domicilio e a empuxou. Ademais, o home rompera un televisor cun martelo e unha machada, á vez que profería graves ameazas contra ela.

O home ten en vigor unha orde de afastamento ditada por un xulgado de Vigo por varios episodios anteriores de violencia de xénero cara a esta muller, e non podía estar a menos de 200 metros dela. Por todo isto, foi detido por vulnerar esa medida e por outro suposto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...