InicioEconomíaVigo terá a segunda oficina en España de Asistencia Dixital Integral da...

Vigo terá a segunda oficina en España de Asistencia Dixital Integral da Axencia Tributaria

O Ministerio de Facenda realizou unha primeira proba piloto en Valencia e agora dálle continuidade cunha nova oficina en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou este mércores de que a segunda administración de Asistencia DigitalIntegral (ADI) da Axencia Tributaria en España estará en Vigo. Explicouno tras a confirmación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da creación da oficina.

O Ministerio de Facenda realizou unha primeira proba piloto en Valencia e agora dálle continuidade cunha nova oficina en Galicia. Está previsto que as outras sedes da Administración Dixital estean na Comunidade de Madrid e en Andalucía.

En concreto, a Axencia Tributaria crea este novo mostrador dixital “deseñado baixo a premisa de facilitar o cumprimento voluntario con máis e mellor información e asistencia ao contribuínte”.

“Complementando a axuda presencial tradicionalmente prestada nas oficinas físicas, que continuará como ata agora, desde a ADI máis de 300 funcionarios especializados dedicaranse en exclusiva a atender de forma personalizada non presencial a contribuíntes de todo o territorio estatal“, indica a Delegación do Goberno.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...