InicioEconomíaAumentan as estafas leves a través de tarxetas de crédito na provincia

Aumentan as estafas leves a través de tarxetas de crédito na provincia

Rexistran un incremento interanual do 110 por cento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As estafas leves a través de tarxetas de crédito seguen a tendencia ascendente na provincia de Pontevedra ao rexistrar un incremento interanual do 110 por cento.

Este é un dos datos analizados na Xunta Provincial de Seguridade celebrada este martes na Subdelegación do Goberno en Pontevedra e na que estudaron os indicadores da actividade delituosa e as infraccións penais rexistradas na provincia durante os primeiros dous meses do ano.

Segundo valoraron no encontro, estes delitos relacionados co uso de tarxetas de crédito aumentaron de maneira paralela ao crecemento da actividade en liña, por unha banda a consecuencia da pandemia e por outra, debido á importante actividade comercial derivada do Nadal e polas rebaixas.

Pola súa banda, as estafas graves realizadas polo mesmo medio rexistraron unha baixada interanual do 19 por cento, puxeron de manifesto nesta reunión.

Respecto diso, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, indicou que a pandemia da Covid-19 continúa marcando as estatísticas de infraccións penais, que en liñas xerais, seguen na senda de descenso iniciada o ano pasado, concretamente a redución interanual durante os primeiros dous meses do ano do 8%.

Neste sentido, a subdelegada do Goberno espera que se manteña esta baixada, “xa que de consolidarse, a nosa provincia pasaría a ser unha das máis seguras do país”.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...