InicioCulturaCal foi o papel de Xela Arias na tradución?

Cal foi o papel de Xela Arias na tradución?

Docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución organizan unha mesa redonda para falar sobre o papel da autora na tradución.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo organizan este venres, 26 de febreiro, unha mesa redonda para falar do papel da muller á que se dedica o Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias, no ámbito da tradución.

O obxectivo desta mesa redonda, titulada Letra a letra con Xela Arias. Colaboración e tradución, é recuperar a memoria da Xela Arias tradutora, un labor que permitiu ler en galego, por exemplo, o Drácula, de Bram Stoker; O derradeiro dos mohicanos, de James Fenimore Cooper; Venus Negra, de Angela Carter; As bruxas, de Roald Dahl ou Dublineses, de James Joyce.

A idea de organizar esta xornada xorde da escritora María Reimóndez, tamén antiga alumna da FFT e membro da plataforma de crítica literaria A Sega, quen contactou cos profesores Ana Luna e Alberto Álvarez Lugrís para argallar un evento que servise para poñer en valor “a faceta de tradutora de Xela Arias, xa que no ano das letras convén amosar os seus diferentes perfís e facetas”, relata Ana Luna.

TRAXECTORIA DE XELA ARIAS COMO TRADUTORA

Xela Arias, que comezou os seus estudos de Filoloxía Hispánica en 1991 e acabounos na USC, obtivo varios galardóns ao longo da súa carreira, como a Medalha do Premio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.

Débora Ramonde, Lidia Iglesias e Rafael Ferradáns, tres tradutores que tiveron a sorte de traballar xunto coa autora, participarán na mesa redonda co fin de “establecer un diálogo no que se recupere a memoria de como traballaban, de como se escollían os textos, de como resolvían as dúbidas, de como era o proceso de tradución de cada un dos proxectos nos que Xela se implicou, que foron moitos”, relata a profesora Luna.

Esta faceta de tradutora supúxolle a Arias “visibilizar este destacado labor”, remarca a docente. “É importante para o alumnado da facultade viguesa e para toda a comunidade universitaria en xeral para que saiban que aínda que non puidese cursar a carreira de Tradución e Interpretación, porque daquela non existía en Galicia, puido acometer tarefas propias dunha profesional da tradución, revisión e corrección durante moitos anos nunha editora de prestixio como Xerais”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...