InicioSociedadeAs fronteiras con Portugal seguirán fechadas ata o 16 de marzo

As fronteiras con Portugal seguirán fechadas ata o 16 de marzo

Só poderán cruzar as persoas ou traballadores que leven a documentación pertinente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

España prorrogou os controis na fronteira interior terrestre con Portugal ata o próximo día 16 de marzo coas mesmas limitacións aplicadas ata o momento e despois de manter diferentes consultas de coordinación coas autoridades portuguesas. Isto implica que a mobilizade entre Galicia e norte de Portugal segue tamén limitada.

Así o establece a orde publicada este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE), e que amplía os controis que finalizaban o próximo 1 de marzo. Desta forma, as entradas e saídas do territorio español a través da fronteira con Portugal só poderá realizarse polos pasos autorizados e durante os horarios que se establezan.

En calquera caso, os únicos autorizados para cruzar a fronteira son os cidadáns españois e o cónxuxe ou parella coa que manteñan unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público, e aqueles ascendientes e descendentes que vivan ao seu cargo, sempre que viaxen con ou para reunirse con este.

Tamén poderán cruzar a fronteira os residentes en España, que deberán acreditar a súa residencia habitual, así como os estudantes que cursen os seus estudos en España, así como os residentes noutros Estados membros ou Estados asociados Schengen que se dirixan ao seu lugar de residencia habitual, debidamente acreditado.

Ademais, poderán acceder a España quen vaian transitar ou permanecer no territorio español por calquera motivo exclusivamente laboral, sempre que se acredite documentalmente. Esta categoría incluirá, entre outros, aos traballadores transfronteirizos, traballadores sanitarios e do transporte.

Por último, permítese o tránsito ás persoas que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade, ou por motivos humanitarios así como o persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas, oficinas consulares e organismos internacionais sitos en España, sempre que se trate de desprazamentos vinculados ao desempeño das súas funcións oficiais, así como os participantes en viaxes de Estado e os membros de Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas para exercer as súas funcións.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...