InicioSociedadeAutorizada unha medida cautelar para desaloxar de maneira rápida unha vivenda okupada

Autorizada unha medida cautelar para desaloxar de maneira rápida unha vivenda okupada

Ademais, o xuíz apunta que existe "un claro prexuízo para o denunciante", posto que a denuncia foi presentada en xullo de 2020, co que a perda de posesión do inmoble alongouse varios meses, ao que se suma que o procedemento se manterá suspendido ata a localización da outra denunciada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número dous de Vigo acordou unha medida cautelar pola que autoriza ao propietario dunha vivenda da cidade a “levar a cabo a toma de posesión” da mesma e pola que require ás persoas que a okupaban que a desaloxen nun prazo de tres días.

O auto foi emitido despois de que o xuízo por estes feitos se tivese que suspender ao non estar citada unha das partes denunciadas, momento en que o denunciante solicitou a adopción da medida cautelar.

O maxistrado recoñece que “existen indicios suficientes en relación á presunta comisión do delito imputado, usurpación“, xa que un dos denunciados “alega mesmo que el non vive alí, referindo ademais que < < todo se debe a unha falsidade cometida pola outra denunciada>>”.

Ademais, o xuíz apunta que existe “un claro prexuízo para o denunciante”, posto que a denuncia foi presentada en xullo de 2020, co que a perda de posesión do inmoble alongouse varios meses, ao que se suma que o procedemento se manterá suspendido ata a localización da outra denunciada.

Neste contexto, considera “adecuada” a medida cautelar interesada polo propietario, co que o autoriza a levar a cabo a toma de posesión da vivenda e procede a requirir aos ocupantes da mesma “para que no prazo de tres días procedan ao desaloxo da vivenda, co apercibimento de cometer un delito de desobediencia”.

Finalmente, o xuíz engade que, atendendo á Lei de Enjuiciamiento Criminal e para cumprir todos os criterios para poder autorizar a medida cautelar interesada, o propietario debe depositar unha fianza de 50 euros para responder “de maneira rápida e efectiva dos danos e prexuízos que a adopción da medida cautelar puidese causar ao patrimonio do demandado”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...