InicioEconomíaA Xunta quere que os 50 millóns do Goberno central na AP-9...

A Xunta quere que os 50 millóns do Goberno central na AP-9 sexan para gratuidade nas viaxes

Pide que a viaxe de volta sexa gratis e un desconto do 60% para as viaxes de ida e volta dos vehículos de transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta quere que o Goberno central dea xa pasos decisivos para bonificar aos usuarios da AP-9. A pesar de que Madrid anunciou xa 50 millóns de euros nos PGE para aliviar as custosas peaxes da Autoestrada do Atlántico, o certo é que o Goberno galego di que “aínda non se viron nada deses millóns”. Por iso, propón que pase á acción e aplique bonificacións a turismos e vehículos de transporte.

Neste sentido ten duas propostas concretas; a gratuidade da viaxe de volta para todos os vehículos lixeiros en calquera día da semana e un desconto do 60% de ida e volta para os vehículos pesados.  No primeiro dos casos tamén aposta por un desconto do 25% nas viaxes de ida se se producen nun intervalo de 24 horas e de luns a sábado.  Sobre a segunda das bonificacións di que vai destinado ao transporte de mercadorías para “desonxestionar as estradas convencionais e garantir a seguridade no tráfico”.

“A evolucion das peaxes en Galicia é un agravio e xa levamos tempo solicitando a rebaixa das peaxes”, dixo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “O que pedimos é que se cumpra o prometido con Rajoy, que se libere a peaxe de Redondela e se apliquen esas bonificacións comprometidas”, apuntou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...