InicioSociedadeRetiran a custodia compartida a un pai en Vigo por "deixamento" nos...

Retiran a custodia compartida a un pai en Vigo por “deixamento” nos coidados da súa filla

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, estimou o recurso de apelación presentado por unha nai, de forma que lle retirou a custodia compartida a un pai respecto da súa filla, debido á súa “desidia” e “deixamento de funcións” nos coidados da menor.

Tal e como consta na sentenza, en primeira instancia o xulgado acordou o divorcio da parella e a custodia compartida da filla de ambos –de tres anos de idade–, cunha pensión mensual de alimentos a cargo do pai a favor da menor de 100 euros.

No entanto, a nai presentou un recurso de apelación contra esta resolución, interesando a custodia exclusiva para si, ao esgrimir que “é ela a que coida desde sempre á menor en todas as facetas da vida”.

Nesta liña, o Tribunal sostén que na causa demostráronse factores que revelan “unha moito maior implicación da nai nas necesidades da nena, comparativamente coa observada na figura paterna”. Neste sentido, considera que os coidados da menor “corresponden sempre á nai” e hai “abandono, sen causa xustificada, por parte do pai”.

De feito, a resolución refire que “mesmo das manifestacións do pai” extráese “ese deixamento de funcións”. “Debemos inferir a falta da usual, precisa, plena e esixible dedicación do pai á menor en aspectos tan importantes da súa vida como a saúde, educación e actividades lúdicas, carencias que resultan máis inxustificables neste caso de sistema de custodia compartida”, apunta a sentenza.

CUSTODIA EXCLUSIVA

A partir diso, o Tribunal considera que o benestar da menor “realizarase con maior plenitude” baixo a custodia exclusiva da nai, aínda que establece “un réxime de ampla comunicación paternofilial”.

Neste sentido, o pai, ao que lle consta unha causa penal aberta por malos tratos no ámbito familiar, terá á nena en fins de semana alternos e durante a metade das vacacións, e poderá realizar unha ou dúas visitas intersemanais.

Ademais, fíxase como pensión alimenticia para a filla de 300 euros mensuais a cargo do pai, mentres que os gastos extraordinarios –gastos sanitarios, escolares e extraescolares– serán satisfeitos por metade entre os pais.

ÚLTIMAS

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...