InicioEconomíaVigo é o concello galego que máis adica a vivenda protexida

Vigo é o concello galego que máis adica a vivenda protexida

Adica un 18,8% das promocións urbanísticas a este fin.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concellos galegos reservarán para vivenda protexida no ano 2021 unha media do 6,4 por cento do seu terreo edificable, segundo publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) na relación da porcentaxe de reserva dos municipios con máis de 5.000 habitantes.

Vigo é o concello que maior porcentaxe aplicable este apartado co 18,8%, seguido por Pontevedra co 11,82%. Tamén superan o 10% os municipios de Brión (10,8%) e Lugo (10,3%).

Na maioría dos municipios a porcentaxe aplicable queda fixada no 6,4%, segundo recolle a orde do DOG.

Da fixación dunha porcentaxe para dedicar a vivenda protexida quedan exentos os municipios con padrón de habitantes inferior a 5.000 habitantes no momento de aprobar o plan xeral de ordenación urbanística.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...