InicioSociedadeArquivada a causa contra o ancián que raiaba coches en Vigo, polos...

Arquivada a causa contra o ancián que raiaba coches en Vigo, polos seus problemas psíquicos

En xuño de 2019 xa resultou absolto dunha causa ao serlle aplicada a eximente completa polos seus problemas psíquicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo decretou o arquivo provisional dun caso aberto contra o octoxenario José Antonio V.V., coñecido como o ancián ‘raiacoches’ de Vigo.

Segundo fontes xudiciais, o arquivo da causa decretouse por mor da petición do fiscal, debido a que o home “non está capacitado” para ser xulgado.

Neste sentido, as mesmas fontes indicaron que a causa foi arquivada ata que o acusado, que se atopa ingresado nunha residencia, mellore o seu estado.

En concreto, nos últimos anos abríronse distintas causas contra o octoxenario por delitos continuados de danos. De feito, en xuño de 2019 xa resultou absolto dunha ao serlle aplicada a eximente completa polos seus problemas psíquicos.

Naquel momento a súa letrada explicou que, segundo os informes forenses, este ancián está en situación de “vulnerabilidade psíquica crónica irreversible”, padece unha serie de trastornos e unha “pseudodemencia”.

ACTIVIDADE DELITUOSA

Estímase que hai máis dun cento de prexudicados pola actividade delituosa deste home, aínda que dita actividade remóntase a varios anos e a Policía atribúelle a autoría de danos a máis dun milleiro de vehículos.

Así, durante anos “atemorizou” os veciños do Calvario e A Dobrada, onde non só se dedicaba a raiar coches, senón que tamén danaba fechaduras de vehículos e de locais.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...