InicioSucesosDetido un home que conducía ebrio e gravando vídeos en Vigo

Detido un home que conducía ebrio e gravando vídeos en Vigo

Trátase dun veciño de 37 anos que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia e se deu á fuga cando foi descuberto polos efectivos policiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron por un delito contra a seguridade do tráfico a un veciño de Vigo de 37 anos que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia e gravou un vídeo mentres conducía, dándose á fuga cando foi descuberto polos efectivos policiais.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron sobre a medianoite do domingo ao luns, cando unha dotación camuflada que circulaba pola rúa Vía Norte observou que un home gravaba un vídeo co seu teléfono móbil mentres conducía.

A patrulla activou entón as luces e ordenou ao condutor que se detivese, o que fixo uns metros máis adiante. No entanto, cando os axentes se aproximaban ao seu vehículo, o home deuse á fuga a gran velocidade, conducindo en dirección contraria e saltándose varios semáforos en fase vermella.

En colaboración con outras unidades policiais, os axentes conseguiron dirixilo cara a Travesía de Vigo con Urzáiz, onde tivo que deterse debido a que outros vehículos de apoio pecharan as posibles rutas de fuxida.

Unha vez interceptado, os axentes ordenaron ao condutor que saíse do vehículo, ao que se negou, polo que un dos policías accedeu ao coche pola porta do copiloto. Ao verse sorprendido, o home empezou a forcexear, pero finalmente os axentes conseguiron sacar e inmobilizar ao home, procedendo á súa detención.

CUADRIPLICABA A TAXA DE ALCOL

Ao realizarlle un cacheo de seguridade, localizaron entre as súas roupas unha pequena cantidade de marihuana. Así mesmo, un dos axentes fíxose cargo dun can que viaxaba no interior do vehículo, ao que facilitaron auga e alimento ata que un coñecido do detido se fixo cargo del.

O home foi trasladado a un centro médico para unha valoración e o seu coche foi levado ao depósito municipal. Xa en comisaría, certificouse que cuadriplicaba a taxa máxima de alcol e posteriormente foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número cinco de Vigo, en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...