InicioPolíticaMulta de 21.250 euros por "poñer en risco á poboación": é a...

Multa de 21.250 euros por “poñer en risco á poboación”: é a auga en Vigo apta para o consumo?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta impuxo ao Concello de Vigo unha multa de 21.250 euros pola suposta comisión de tres infraccións graves e unha leve en materia de abastecemento de auga nos controis do laboratorio municipal. Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, mantivo que a auga de Vigo foi potable “en cada segundo dos últimos 10 anos”.

O delegado territorial da Xunta na cidade olívica, Ignacio López-Chaves, sostivo este luns que “nos últimos anos se detectou un reiterado incumprimento polo Concello da normativa en materia de auga para consumo humano”.

Por mor diso, manifestou que o pasado 9 de xaneiro dous inspectores da Xunta, dentro do programa de vixilancia sanitaria desenvolvido pola Administración autonómica, se presentaron no Consistorio para examinar a súa actuación en relación co abastecemento de auga potable –da billa– á poboación.

A partir de aí comprobaron que o laboratorio municipal non está “nin certificado nin acreditado”, que as mostras que se tomaron nas billas “non eran representativas de todo Vigo”, e ademais acharon “numerosas analíticas de auga non apta para o consumo” en mostras dos anos 2016 e 2017 nas zonas de Canido, Areal, Cabral, Beiramar, A Salgueira, Saiáns e o edificio municipal.

Eran casos de auga non potable que detectou o laboratorio, e non se seguiron os protocolos que esixe a normativa cando se detecta auga non apta para o consumo”, criticou, explicando que estes protocolos consisten en “confirmar ás 24 horas se continúa esta situación e informar á autoridade sanitaria”. “Ningunha das dúas cousas se fixeron”, selou.

A partir desta situación, que remarcou que “supuxo expor aos veciños a situación de risco para a saúde” e que rexeitou que estea vinculada coa seca, a Xunta emitiu un expediente sancionador ao Concello por tres infraccións graves e unha leve, contra o que cabe recurso de alzada.

CALIDADE “ÓPTIMA”

Pola súa banda, Caballero defendeu que “a auga de Vigo foi sempre potable, en cada segundo de cada minuto, de cada hora, de cada día, de cada semana e de cada mes, dos últimos 10 anos“. Ademais, cuestionado por se o goberno local interporá un recurso ante esta sanción, Caballero espetou: “Onde vai iso xa?!”.

Acto seguido, apuntou que “a pretensión da Xunta de devaluar a auga desta cidade fracasou estrepitosamente” e tivo que “desistir” porque se deu “conta de que a auga de Vigo é unha calidade óptima”.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...