InicioVigo e contornaRedondelaAtopan en Chapela un home morto coas mans atadas e cunha bolsa...

Atopan en Chapela un home morto coas mans atadas e cunha bolsa na cabeza

A Policía Nacional está á espera da autopsia para avanzar na investigación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional abriu unha investigación tras o achado dun cadáver coas mans atadas e cunha bolsa na cabeza nunha vivenda da parroquia de Chapela, en Redondela.

Segundo informan fontes oficiais, o corpo apareceu a última hora da tarde do sábado nun domicilio da rúa San Telmo e correspóndese cun home de 51 anos, veciño do concello, do que había días que non se sabía nada.

Foi un amigo do falecido quen acudiu á vivenda e atopouse o cadáver sobre as 19,40 da tarde. Nese momento, chamou ao 112 Galicia para solicitar a asistencia tanto de Urxencias Sanitarias-061 como da Policía Local e a Nacional.

Deste xeito, axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo se presentaron no lugar e, ao comprobar a forma na que apareceu o corpo, procederon a inspeccionar a vivenda de cara á apertura da investigación.

Polo momento, á espera do resultado da autopsia, están abertas todas as hipóteses sobre a morte deste home.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...