InicioEconomíaXunta e Norte de Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles...

Xunta e Norte de Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles na fronteira

O obxectivo é tentar paliar ou "limitar no posible o impacto negativo" que poida ter tanto na economía "como na vida cotiá" dos habitantes da 'raia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solicita que se teñan en conta as peculiaridades das áreas transfronteirizas e se manteñan abertos os máximos pasos posibles, para amortecer os efectos do peche de fronteiras emprendido polo país luso para conter a pandemia.

O obxectivo é tentar paliar ou “limitar no posible o impacto negativo” que poida ter tanto na economía “como na vida cotiá” dos habitantes da ‘raia’, para que non se repita a situación creada o pasado ano que obrigou a traballadores a realizar grandes desprazamentos debido aos poucos puntos de cruzamento permitidos.

Advertiron de que manter estes puntos en Verín e o de Salvaterra suporá “volver ao peor momento” do pasado ano e podería ocasionar, de novo, “obstáculos na circulación” e problemas para estes traballadores transfronteirizos.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...