InicioEconomíaO Concello de Vigo dá luz verde á expropiación de seis edificios...

O Concello de Vigo dá luz verde á expropiación de seis edificios fronte á concatedral

Son os edificios situados nos números 6, 7, 8, 9, 10 e 11 da Praza da Igrexa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo deu luz verde ao proceso de expropiación de seis edificios situados na Praza da Igrexa de Vigo, fronte á concatedral de Santa María.

Segundo informou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o proceso de expropiación arrincará coa valoración dos edificios situados nos números 6, 7, 8, 9, 10 e 11 da Praza da Igrexa.

En canto aos comercios situados nos baixos dos edificios, indicou que falarán cos negocios para buscar “algunha fórmula para que a actividade económica se manteña”.

Tal e como lembrou o rexedor, xa foi convocado o concurso de ideas “para ver como deseñar toda esta contorna”, un concurso no que sinalou que quere que participen representantes da Xunta de Galicia e do Colexio de Arquitectos para que valoren “con criterios profesionais”.

Caballero remarcou que inician o proceso porque o Consorcio Casco Vello de Vigo “non está a funcionar, vai con moita lentitude”. “Por iso imos entrar nós directamente a facer a expropiación, reconstrución, renovación e refacer o Casco Vello de Vigo”, selou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...