InicioSucesosDetido un hóspede do hostal de Mondariz onde apareceu o cadáver dun...

Detido un hóspede do hostal de Mondariz onde apareceu o cadáver dun home

Un home de 44 anos que levaba varios días desaparecido foi localizado con feridas de arma branca

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo un hóspede do hostal de Mondariz no que residía o home de 44 anos que apareceu morto na noite do venres con varias feridas de arma branca.

Así o confirman a Europa Press fontes da Benemérita, que abriu unha investigación a raíz do achado do corpo no soto do establecemento. O detido, aseguran as mesmas fontes, era veciño de habitación do falecido e xa foi trasladado á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

O falecido levaba varios días desaparecido, polo que a Garda Civil emprendeu unha busca que os levou ata o hostal onde vivía. Unha vez alí, os axentes atoparon manchas de sangue tanto no exterior da porta como no interior da súa habitación.

Así, inspeccionaron a hospedaxe e as súaas inmediacións ata atopar o corpo nun soto. O cadáver presentaba varias feridas de arma branca que lle causaron a morte.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...