InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de abandonar á súa sorte as familias ameazadas...

Caballero acusa á Xunta de abandonar á súa sorte as familias ameazadas de desafiuzamento

O alcalde de Vigo denunciou que, desde que Feijóo goberna, a administración autonómica non entregou "nin unha soa vivenda social feita polo seu goberno".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Xunta de Galicia “deixa tiradas” ás familias ameazadas de desafiuzamento na cidade, ás que “ten que atender o Concello”, e criticou que o goberno autonómico non entregou “nin unha soa vivenda pública” que construíse durante o mandato de Feijóo na cidade.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, na cidade, “hai 20 familias pendentes de desafiuzamento”, entre as que está unha nai con 4 menores ao seu cargo. “E a resposta da Xunta a esta nai é que non dispón de vivendas neste concello, nin hai axudas abertas para atendelos. Déixanos tirados na rúa”, censurou. Na mesma liña, referiuse a as familias que serán desaloxadas en febreiro dun poboado chabolista en Navia, e que tamén están “sen resposta da Xunta”.

Somos nós (a administración municipal) os que os atendemos (…), a Xunta di que non ten vivendas nin axudas. Se da Xunta dependese, quedarían todos na rúa”, criticou Abel Caballero, quen denunciou que, desde que Feijóo goberna, a administración autonómica non entregou “nin unha soa vivenda social feita polo seu goberno”. “Isto é un drama social“, proclamou o rexedor, que lembrou que, só en Vigo, hai máis de 4.200 familias demandantes de vivenda protexida “en lista de espera”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...