InicioSucesosDetida en Vigo por agredir á Policía no medio dunha discusión coa...

Detida en Vigo por agredir á Policía no medio dunha discusión coa parella

A intervención policial acabou con esta muller detida por atentado a axentes da autoridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a unha muller de 52 anos de idade, J.J.C.B.E.V., natural de Francia, como presunta autora dun delito de atentado, tras agredir a un axente que tentaba identificar a outra persoa.

Segundo informaron fontes policiais, a intervención produciuse na noite deste mércores na rúa Alfonso XIII, onde acudiu unha dotación tras recibir un aviso de que se estaba producindo unha forte discusión entre unha parella, e que a rifa se trasladou á rúa.

Unha vez no lugar, os policías comprobaron que a ‘pelexa’ se estaba producindo entre unha muller (que se atopaba asomada á xanela dun edificio ‘okupado’) e a súa parella, un home de 46 anos, que estaba na rúa acompañado por outra muller.

O home explicou que a súa parella e a outra muller iniciaran unha discusión e que esta continuara cando a segunda muller saíra do edificio. Así mesmo, relatou que a súa parella arroxara os seus aveños pola xanela e que, cando baixou a recollelos, a discusión entre ambas as mulleres subira de ton.

Pola súa banda, a muller que permanecía no inmoble asegurou aos policías que, en realidade, a discusión fora tanto co seu noivo como coa outra muller, e que o home se puxo “agresivo“, e por iso arroxara as súas cousas pola xanela, para obrigalo a irse.

Cando os axentes estaban a tratar de comprobar eses feitos e quixeron volver falar co home, a muller que estaba con el na rúa interpúxose, tratando de obstaculizar o labor policial. Cando un dos funcionarios apartouna, ela reaccionou golpeándoo no peito e, ao tentar repetir o ataque, foi inmobilizada e reducida.

A intervención policial acabou con esta muller detida por atentado a axentes da autoridade, e coa outra muller recoñecendo que o seu noivo non se comportou de forma agresiva con ela, pero que o manifestou “por despeito”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...