InicioEconomíaImpulso para a promoción das conservas de produtos do mar

Impulso para a promoción das conservas de produtos do mar

As actividades permitirán mostrar aos consumidores o proceso de elaboración e presentación de receitas con conservas de peixes e mariscos, así como a promoción do seu consumo en colaboración co sector da restauración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) colaborarán no desenvolvemento de accións que buscarán a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros.

Estas actividades enmárcanse no convenio anual asinado este mércores pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Manuel Vieites, e cuxa vixencia se estenderá ata o 30 de decembro.

En concreto, a Consellería do Mar destina 149.000 euros a esta colaboración, que contempla actividades de promoción enfocadas na contribución da competitividade e a sustentabilidade do sector conserveiro de produtos do mar. Tamén se busca apoiar ao sector da hostalaría dado o impacto da pandemia no mesmo.

As actividades permiten mostrar aos consumidores o proceso de elaboración e presentación de receitas con conservas de peixes e mariscos, así como a promoción do seu consumo en colaboración co sector da restauración.

No marco desta iniciativa inclúese o desenvolvemento dunha plataforma gastronómica en liña para promover o consumo destes produtos con información sobre o lugar no que poden degustarse.

Adicionalmente, baixo o paraugas do acordo prevese a creación dun sistema virtual de doazón de conservas a entidades sociais e a organización de catro xornadas sobre claves do futuro para o sector que incluirán a transformación dixital, a mercadotecnia, o I+D+i e a internacionalización.

O convenio engloba así mesmo a X Conferencia Mundial do Atún Vigo, unha actuación a través da que se busca analizar os retos aos que se enfrontan a industria e o mercado. Paralelamente, editarase unha publicación sobre a publicidade de conservas do mar no século XX, dixitalizaranse documentos do Museo Anfaco e elaboraranse pequenos vídeos para promover as conservas do mar.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...