InicioDeportesA Xunta instalará un módulo de atletismo na ampliación do IFEVI

A Xunta instalará un módulo de atletismo na ampliación do IFEVI

Contará con 6 rúas nunha recta de 60 metros e catro zonas para a práctica de diferentes modalidades deportivas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta construirá un módulo de atletismo na ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), que contará con 6 rúas nunha recta de 60 metros e catro zonas para a práctica de diferentes modalidades deportivas, segundo avanzou este venres o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

Nun acto celebrado na cidade, no que participaron representantes de coletivos empresariais e deportivos, o titular do Executivo autonómico presentou este proxecto que, segundo sinalou, estará rematado en seis meses e implementarase de forma simultánea ás obras de ampliación.

Así, tras a licitación desa ampliación do recinto feiral, Feijóo lembrou que está previsto que a execución dos traballos dure medio ano. En todo caso, puntualizou que “en catro meses e medio” xa estaría dispoñible a superficie expositiva, coa “envolvente” do edificio finalizada.

Feijóo, que subliñou que a Xunta leva investidos 15 millóns de euros no Ifevi nos últimos anos, defendeu que os recintos expositivos deben ser “polivalentes” e prometeu que se van “axilizar” as obras de ampliación.

De feito, apuntou que a próxima semana a administración autonómica reunirase cos responsables de Conxemar para ultimar os detalles da ampliación, na que, se é necesario, impulsaranse “dúas quendas de obra” para acelerar os traballos.

Por outra banda, tanto Feijóo como o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, indicaron que a Xunta non renuncia á reforma das pistas de Balaídos (cuxo estado de deterioración foi reiteradamente denunciado polos deportistas) e que dispón do diñeiro e do proxecto, pero non da licenza municipal “pola situación urbanística de Vigo”, en alusión á anulación do Plan Xeral de 2008.

A ese respecto, o presidente galego afirmou que as novas instalacións deportivas no Ifevi supoñen unha “solución provisional e complementaria ás pistas de Balaídos”, para que os atletas poidan adestrar a cuberto durante todo o ano. Así, ademais da pista, os deportistas terán zonas acondicionadas para a práctica de salto de lonxitude, triplo salto, lanzamento de peso, salto con pértega e salto de altura.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...