InicioPolíticaO PP de Vigo cualifica de "canalla" a Caballero por "botarlle a...

O PP de Vigo cualifica de “canalla” a Caballero por “botarlle a culpa” á Xunta da subida do prezo da auga

Pide que se informe sobre do destino dos investimentos que debía facer Aqualia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo tachou de “cacicada” a prórroga da concesión do servizo de saneamento e abastecemento a Aqualia, e censurou que o goberno local non deu conta do destino dos investimentos que debía facer a empresa.

Nunha rolda de prensa, o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, lembrou que esta segunda prórroga do contrato (a anterior foi aprobada en 2010 polo goberno de Abel Caballero, cinco anos antes da finalización da concesión e a cambio de 30 millóns en investimentos na cidade) fíxose “en 9 días”, nunha Xunta de Goberno “convocada a última hora, do último día” e “en segredo”. “Que se esconde aquí?“, cuestionou.

Por outra banda, lembrou que a empresa ingresa cada ano uns 40 millóns de euros dos recibos que pagan os vigueses, e lembrou que o goberno local non deu explicacións sobre “a que se destina” ese diñeiro.

Segundo incidiu Marnotes, o alcalde debería, xa antes de que expirase o tempo da primeira prórroga, “explicar que se fixo, que investimentos”, tendo en conta que os vigueses “pagan a auga máis cara de Galicia”, e ten un servizo deficiente, con parte da rede sen separación de pluviais, e cunha estación potabilizadora “obsoleta”.

Finalmente, o portavoz do PP afeou ao rexedor que, en lugar de cumprir o seu compromiso de facer un novo prego, para modernizar o servizo e adaptalo aos tempos actuais (o contrato en vigor data de 1990), “bota a culpa á Xunta” de que o recibo se encareza e da prórroga. “Hai que ser canalla”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...