InicioVal MiñorGondomarCórtalle o garaxe á veciña cunha radial mentres esta residía en Canarias

Córtalle o garaxe á veciña cunha radial mentres esta residía en Canarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

O clásico galego de mover os marcos chega ao máximo expoñente nun caso recente en Gondomar que parece máis ben a aplicación dunha lei Salomónica.

Unha veciña deste municipio pontevedrés, residente en Canarias, denunciou recentemente perante a Garda Civil o caso ao que foi sometido unha das súas propiedades, herdanza familiar, en Gondomar.

Segundo denunciou, levaba varias semáns na que os veciños advertíanlle de que estaban a facer obras de retranqueo sobre a súa propiedade.

Primeiro retranqueando o muro lindante, para seguidamente, o pasado día 29 de decembro, marcar e cortar cunha radial o galpón sen previo aviso.

Así quedou o galpón logo do corte e tranqueo. Foto Fernanda Fernández Vargas Facebook Val Miñor Diario

Quiero desenmascarar a estas personas que se sienten impunes, que se creen importantes e influyentes, que vulneran la ley, que no sienten respeto hacia la propiedad privada, pero tampoco hacia las personas. Por supuesto, dispongo de toda la documentación para acreditar lo que aquí cuento. Y unas fotos que valen más que mil palabras.”

As obras realizáronse dende a finca lindante sobre a súa propiedade e consistiron no retranqueo do muro, o corte do galpón e a cuberta e a recolocación do portalón na fachada.

“En shock, alucinada, enfadada, decepcionada, rabiosa…, no sé como me siento. He presentado la correspondiente denuncia por daños, pero la justicia es muy lenta.” asegura Fernanda Férnandez Vargas, propietaria do galpón.

De momento o concello de Gondomar non se pronunciou sobre os feitos polo que haberá que agardar á resolución da xustiza.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...