InicioSucesosA caída dunha árbore corta a circulación ferroviaria nas Neves

A caída dunha árbore corta a circulación ferroviaria nas Neves

O incidente, rexistrado na mañá deste mércores, fixo que un convoi con 30 pasaxeiros tivese que deterse á altura do apeadeiro de Arbo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A caída dunha árbore sobre a vía provocou un corte na circulación ferroviaria ao seu paso polas Neves que afecta á liña que une Vigo e Ourense.

Diso informa o 112 Galicia e a propia operadora ferroviaria a través de redes sociais. O incidente, rexistrado ás 10,00 horas deste mércores, fixo que un convoi con 30 pasaxeiros tivese que deterse á altura do apeadeiro de Arbo.

Desde entón permence interrompida a circulación de trens entre As Neves e Arbo da liña Ourense-Vigo. Operarios de Renfe traballan na zona para restablecer as condicións na vía.

Mentres tanto, a operadora activou un plan alternativo para o transporte de pasaxeiros por estrada dos trens de Media Distancia que se viron afectados. En canto aos servizos de Longa Distancia, os trens realizarán o seu percorrido a través de Santiago de Compostela, segundo informa Renfe en redes sociais.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...