InicioEconomíaOs empresarios pontevedreses seguirán na CEG pero poñen condicións

Os empresarios pontevedreses seguirán na CEG pero poñen condicións

A CEP reitera que a convocatoria electoral é "precipitada" e piden un candidato "de consenso"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) decidiu na súa asemblea ordinaria deste luns aprazar unha posible saída da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e apelou ao consenso para buscar un candidato a presidir a patronal galega. Con todo, puxo condicións para o novo proceso: que haxa un candidato de consenso. E, se non o hai, volverán pedir as actas do proceso electoral.

Así o trasladou o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, que, en declaracións aos medios, informou de que os empresarios pontevedreses optaron por manterse na CEG por “responsabilidade”, debido ao actual contexto socioeconómico derivado da pandemia de COVID, e polos importantes debates que hai sobre a mesa sobre cuestións como o uso de fondos europeos de reconstrución, o diálogo social, ou o debate sobre as infraestruturas.

Con respecto ao proceso para elixir, de novo, ao presidente da Confederación galega (despois de que José Manuel Díaz Barreiros dimitise 48 horas despois da súa designación), Jorge Cebreiros insistiu en que a nova convocatoria foi “precipitada” e que se impuña un “tempo de reflexión”.

No entanto, co novo proceso electoral xa en marcha e tras a “mala experiencia anterior”, a CEP optou por pór “condicións” para participar e permanecer na patronal galega. Así, anunciou que Pontevedra non presentará candidato para que non acusen á CEP “de romper un teórico consenso”, e confirmou que non impulsará “reunións entre partes”, senón que avoga porque todos os empresarios traballen “no consenso”.

En todo caso, matizou que, o feito de non dar o paso e non propor un candidato “non quere dicir” que non estean abertos a que se lles expoña un aspirante “de consenso”. De feito, sinalou dous prazos: o do 14 de xaneiro (prazo para presentar candidaturas) e o do 18 de xaneiro (un día antes de que empecen as votacións telemáticas) como horizontes para chegar a esa candidatura única e acordada por todos.

No caso de que non se chegue a unha unanimidade e se presenta máis dun aspirante, a CEP advertiu de que, unha vez iniciadas as votacións, non se prestará a pactos para “propiciar que ninguén se retire”, e avogará porque todos os asemblearios voten, se é posible, “sen delegar” porque a delegación de voto é “legal” pero “non moral nin procedente”. Así, tras o ocorrido nas eleccións de novembro (na que unha persoa levou o voto delegado de máis dun cento), Cebreiro ve a delegación “antidemocrática”.

“TEMPO DE GRAZA”

En todo caso, e para que “non se acuse á CEP de que non lle gusta o elixido”, anticipou que a patronal pontevedresa volverá pedir, do mesmo xeito que fixo nos últimos comicios, a acta da asemblea, a acta das votacións e resultados, e as certificacións da empresa provedora do sistema de voto telemático.

 

ÚLTIMAS

Condenado o Vithas de Vigo por diagnosticar unha lumbalxia a unha paciente que tiña cancro avanzado

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra revogou unha sentenza dun xulgado de...

Caballero segue acusando a Louzán de excluír Vigo como sede do Mundial: “No seu silencio está a súa culpabilidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu este mércores a apuntar ao presidente da...

Dous acusados de violación a unha muller en Vigo aseguran que foi consentido

Dous homes acusados de violar a unha moza en Vigo aseguraron este mércores que...

Detida na rúa Elio Antonio de Nebrija por supostas ameazas cun coitelo á súa compañeira de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 31 anos de idade, L.C.V.,...