InicioSociedadeVigo pedirá fondos europeos para a instalación de ramplas mecánicas en varias...

Vigo pedirá fondos europeos para a instalación de ramplas mecánicas en varias rúas

Abel Caballero non quixo desvelar o investimento nestas actuacións e recalcou que o goberno municipal prepara "máis proxectos" cos que optar a eses fondos de reconstrución.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo ultima os detalles dun proxecto de mobilidade a través de ramplas mecánicas, co que optará a financiamento dos fondos europeos de reconstrución (Next Generation EU), aínda que “non será o único”.

Así o confirmou o alcalde da cidade, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que explicou que pedirá fondos, a través do Goberno de España, para financiar a instalación dunha rampla mecánica entre Isaac Peral e a Travesía de Vigo, outras entre Travesía de Vigo e Aragón (entre estas dúas rúas os orzamentos municipais xa recollen a instalación dun ascensor), e entre o centro de saúde de Teis e a Avenida de Galicia.

Caballero, que non quixo desvelar o investimento nestas actuacións, recalcou que o goberno municipal prepara “máis proxectos” cos que optar a eses fondos de reconstrución. Así mesmo, apuntou que é “altamente probable” que tamén inclúa os tramos que faltan para completar a instalación de ramplas na Gran Vía.

Respecto diso, o alcalde sinalou que se presentarán os proxectos ante o Goberno de España, que é o que “xestionará” os fondos europeos para a reconstrución económica, e engadiu que “o que di a Xunta” sobre plans para reactivar sectores como a automoción “é mentira, unha falacia”, porque o goberno galego non dispón deses fondos.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...