InicioEconomíaAvances entre BorgWarner e o comité para un acordo sobre o novo...

Avances entre BorgWarner e o comité para un acordo sobre o novo convenio colectivo

"Supuxo un gran esforzo, pero alegrámonos de que finalmente imperase o diálogo fronte a unha convocatoria de folga indefinida moi prexudicial para os intereses da planta no contexto actual", sinala a empresa nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía BorgWarner Vigo anunciou que a dirección e o comité de empresa alcanzou a última hora do venres un acordo no proceso de negociación do novo convenio colectivo.

O texto, segundo indica a empresa, terá unha vixencia de tres anos e inclúe un incremento salarial para este ano do 0,9% e a prestación do 100% da base de cotización durante a primeira e segunda baixa, que será do 80% para a terceira e seguintes.

O convenio inclúe tamén aspectos relacionados coa xornada laboral, os descansos e os días de libre disposición, que foron “acordados por ambas as partes”.

“Supuxo un gran esforzo, pero alegrámonos de que finalmente imperase o diálogo fronte a unha convocatoria de folga indefinida moi prexudicial para os intereses da planta no contexto actual”, sinala a empresa nun comunicado, no que lembran a “situación complicada” polas perspectivas para o futuro do diesel e a redución no mercado EGR.

A maioría do comité de empresa da planta de Borgwarner apostara por levar a cabo unha folga indefinida desde este próximo luns para alcanzar un “convenio xusto” e ante as ameazas da dirección de deslocalizar a fábrica a Portugal se non se aceptan os “recortes que expón a súa proposta” respecto das condicións laborais.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...