InicioSociedadeLuz verde para converter a antiga Panificadora de Vigo nunha gran praza

Luz verde para converter a antiga Panificadora de Vigo nunha gran praza

Caballero lembra que o proxecto que herdou "do PP e o BNG" contemplaba vivendas e nove alturas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo de Vigo deu luz verde á modificación do Plan Especial do Casco Vello, que permitirá a rehabilitación da antiga Panificadora da cidade, unha modificación que será levada a pleno proximamente.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen explicou que, tras a aprobación polo pleno, poderá iniciarse o expediente de expropiación.m No tempo de tramitación dese expediente, que pode ser dun ano, elaborarase o proxecto e os estudos técnicos necesarios para esa actuación, que correrá a cargo da Zona Franca de Vigo e “non lle custará nada á cidade”.

Segundo lembrou o rexedor, nese ambito crearase un espazo de uso sociocultural e unha gran praza, que conectará coa Praza do Rei, ante o Concello. Así mesmo, a actuación respectará os silos da antiga Panificadora e outras edificacións.

Abel Caballero lembrou que, cando chegou á Alcaldía, o proxecto que herdou “do PP e o BNG” contemplaba vivendas e nove alturas, cun uso “especulativo” que “mataba toda a zona”. A actuación prevista agora, incidiu, “marca unha gran diferenza entre como entendían o urbanismo PP e BNG, e como o entende o actual goberno municipal”.

REFORMA DO ÚLTIMO TRAMO DE GARCÍA BARBÓN

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación das obras de reforma do tramo de García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, que contará cun investimento de 2,2 millóns. Con este tramo, o Concello investiría 7,5 millóns na ‘humanización’ desta rúa, á espera do tramo que falta, entre Isaac Peral e Sanjurjo Badía.

Finalmente, Caballero tamén informou en rolda de prensa da próxima rehabilitación do edificio da Praza da Princesa que actualmente alberga unha oficia de Servizos Sociais, a sede do Consorcio do Casco Vello, a Oficina de Rehabilitación da Xerencia de Urbanismo e a sede da Federación Veciñal. A obra, cun prazo de execución de 13 meses, cofinanciarase con fondos europeos e suporá un investimento de 640.000 euros.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...