InicioSociedadeOutros 5.000 vigueses pasarán polo cribado do Sergas na busca de asintomáticos

Outros 5.000 vigueses pasarán polo cribado do Sergas na busca de asintomáticos

A área sanitaria de Vigo comezará unha nova citación para PCR a persoas con cartóns adscritos aos centros de saúde de Rosalía de Castro, Rúa Cuba, Casco Vello e A Doblada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo continúa realizando o cribado para detectar casos asintomáticos de contaxiados por coronavirus e, en próximos días, citará outras 5.000 persoas con cartóns adscritos aos centros de saúde de Rosalía de Castro, Rúa Cuba, Casco Vello e A Doblada.

Segundo lembraron fontes do Sergas, o cribado masivo anunciado por Sanidade fai un par de semanas na área viguesa (que prevé a realización dunhas 20.000 probas) xa se iniciou con probas a case 3.000 persoas adscritas aos centros de saúde de Lavadores e Sárdoma.

Nesta segunda fase, a partir deste xoves e ata o vindeiro venres, convidarase “a outras 5.000” persoas a realizar o test diagnóstico. Así, prevese citar a 500 persoas nos días laborais e a 2.500 o próximo fin de semana; e este xoves xa se convocou ás primeiras 500 para que acudan ao ‘COVID-Auto’ do Hospital Meixoeiro.

O obxectivo deste tipo de cribados é detectar o maior número de persoas infectadas que non presentan síntomas, porque supoñen un risco para a saúde pública xa que, ao ter bo estado de saúde e descoñecer a infección, fan vida habitual e son potenciais contaxiadores.

A área sanitaria de Vigo ofrece participar no cribado á poboación de referencia dos centros de saúde de entre 20 e 60 anos de idade, nunhas probas que son voluntarias. Para poder participar no cribado é necesario non realizar unha PCR nas dúas semanas previas e ter un teléfono rexistrado no sistema de avisos ‘Lembra’ (que autoriza a enviar notificacións a través de mensaxes SMS).

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...