InicioVigo e contornaVigoXulgado Mercantil: "Nova Pescanova é a filla adolescente que renega do férreo...

Xulgado Mercantil: “Nova Pescanova é a filla adolescente que renega do férreo control da súa nai”

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra ditou sentenza na que rexeita a demanda presentada pola 'vella Pescanova' impugnando a ampliación de capital aprobada na xunta xeral de socios de Nova Pescanova o 19 de abril de 2017, segundo confirmaron fontes do TSXG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra ditou sentenza na que rexeita a demanda presentada pola ‘vella Pescanova’ impugnando a ampliación de capital aprobada na xunta xeral de socios de Nova Pescanova o 19 de abril de 2017, segundo confirmaron fontes do TSXG.

Os representantes da ‘vella Pescanova’ presentaron en setembro do ano pasado unha demanda de xuízo ordinario para que se declarase a nulidade da ampliación de capital, por 135,4 millóns de euros. Dita ampliación diluíu a súa participación en Nova Pescanova até reducila ao 1,65 por cento (desde o 20 por cento anterior á ampliación).

A sociedade de carteira adoptou esta decisión ao considerar que non puido participar na devandita ampliación de capital, nin tampouco se lle recoñeceu dereito algún de subscrición preferente. Ademais, sostiña que a operación non respondía a un “interese real”, senón que pretendía precisamente diluír o peso da ‘vella Pescanova’.

Agora, o Xulgado do Mercantil desestima as pretensións da sociedade primitiva nunha sentenza na que compara a relación entre a vella e a Nova Pescanova cunha relación entre “nai e filla”, caracterizada por “tensións máximas”.

Así, o xuíz sinala que a ‘vella Pescanova’ “tentou manter o máximo control da súa herdeira”, mentres que Nova Pescanova é “a filla que, chegada á adolescencia, trata de renegar do férreo control ideolóxico e comportamental da súa nai”.

En todo caso, lembra que os acordos de ampliación de capital derivan doutro acordo anterior de refinanciamento de Nova Pescanova, acordo “homologado xudicialmente” e que non foi cuestionado.

Por iso, establece que a ‘vella Pescanova’ “carece de lexitimación activa” para impugnar a ampliación de capital, e rexeita que ésta fose abusiva ou contraria ao interese social.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Audi Q5, chalé, colexio privado, viaxes… O ‘tren de vida’ do funcionario de aduanas procesado polo Karar levantou as sospeitas

O macroxuízo polo alixo de cocaína do barco Karar, que estaba en suspenso desde...