InicioCulturaO Vigo SeaFest que vén: Chefs, apps, robots humanoides e regatas por...

O Vigo SeaFest que vén: Chefs, apps, robots humanoides e regatas por telequinese

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi) e Abanca renovaron o seu compromiso co Festival Arvi do Peixe, o Vigo SeaFest, no que a entidade financeira reforza a súa aposta innovadora co desenvolvemento dunha aplicación de móbil, un sistema de pago electrónico, e un espazo tecnolóxico no que se celebrará unha “regata telequinésica” e estará o robot ‘R4’.

O xerente de Intelixencia de clientes e CRM de Abanca, Juanjo González Serrano, indicou que, no marco do festival e da aposta por lanzar novos servizos dixitais, Abanca creou a aplicación de móbil ‘Vigo SeaFest by Abanca’, na que se poden consultar ofertas, a localización das casetas, recibir promocións e descontos e acceder ao moedeiro dixital para realizar pagos.

“É moi sinxeliña, moi intuitiva; pensamos que pode dinamizar moito a actividade do festival e dar unha experiencia distinta”, sostivo. O director de Innovación de Abanca, Eduardo Aldao, agregou que xa o pasado ano implantaron a ferramenta dixital de pago dentro do festival, aínda que este ano a aplicación permitirá “mellorar a experiencia de todos os visitantes”.

A maiores, indicou que durante o festival Abanca vai montar un espazo tecnolóxico, no que estará presente ‘R4’, un robot humanoide que “vai orquestrar toda a zona de innovación”; celebraranse regatas por telequinese, unha especie de ‘scalextric’ con barcos que “se manexan coa mente”; e, da man de Samsung, haberá un simulador de realidade virtual.

“Encántanos colaborar con Arvi, cada vez ponnos retos máis complicados que nos permiten darnos capacidade de innovación”, remarcou Aldao, antes de engadir que “innovación non só é o que se conta, tamén o que se toca e se ve”.

Acto seguido, o director técnico do Vigo SeaFest, Alberto Alonso, eloxiou a Abanca porque “recolleu todas as luvas que –lanzaron–” no festival. “O ano pasado o reto era complicado, e fixérono ben e desenvolveron unha gran aplicación que nos anima a repetir este ano”, apuntou, chamando a “tratar de pasalo un pouco mellor” nesta edición, que se celebra na zona Náutico de Vigo do 5 ao 8 de xullo.

FESTIVAL VIGO SEAFEST

Touza tamén se referiu a que o Vigo SeaFest é un evento “absolutamente pioneiro, a nivel mundial”, pois non coñece “outro festival enfocado basicamente a destacar calidade e variedade” dos produtos pesqueiros, “en fusión con chefs e dentro dun ambiente lúdico festivo e con talleres” para nenos e familias.

O xerente de Arvi, José Antonio Suárez-Chairos, despois de agradecer a colaboración de Abanca e os seus produtos de innovación, engadiu que o festival xurdiu porque “se están perdendo xeracións de consumidores de peixe”. “Por iso un dos principais obxectivos do festival é recuperar estas xeracións que practicamente deixaron de comer peixe”, concluíu.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...