InicioCulturaA porriñesa Carlota Álvarez gaña o premio 'Xuventude Crea' de vídeo

A porriñesa Carlota Álvarez gaña o premio ‘Xuventude Crea’ de vídeo

O certame está dirixido a mozos e mozas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A moza Carlota Álvarez, do Porriño, gañou coa súa obra ‘Zafirada‘ o primeiro premio da categoría de videocreación do certame ‘Xuventude Crea’, organizado anualmente pola Consellería de Política Social.

O segundo premio recaeu no santiagués Luís Xavier do Rego, con ‘Raíces’, mentres que o terceiro compárteno os coruñeses Hugo Vales -con ‘O fin dos nosos días’- e Andrés Sanjurjo –con ‘Sen título’–. Ademais, fíxose unha mención de honra a óbra ‘Aves migratorias’ de Ariadna Cordal, de Cambados .

A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, participou este sábado na final da especialidade de videocreación, que tivo lugar no Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña. Desde alí, destacou a “implicación” e o “enxeño” dos participantes de cada ano, o que demostra a “creatividade” da mocidade galega.

Coa entrega dos premios de videocreación, o ‘Xuventude Crea’ concluíu as fases finais de todas as súas categorías. Os 13 restantes correspóndense con fotografía, artes plásticas, teatro, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, grafiti, moda, música, poesía, novela curta e cómic.

O primeiro premio en cada especialidade recibe 3.000 euros, mentres que o segundo e o terceiro fanse con 1.500 e 1.000 euros, respectivamente. O xurado tamén pode outorgar mencións de honra, sen dotación económica.

A Consellería de Política Social destaca que a edición deste ano do ‘Xuventude Crea’ conseguiu unha marca de participación, con case de 500 mozos e mozos que presentaron as súas candidaturas, fronte ás 382 do ano pasado.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...