InicioSociedadeTui lembra aos Mártires de Sobredo que morreron defendendo a fin dos...

Tui lembra aos Mártires de Sobredo que morreron defendendo a fin dos foros

A pandemia obrigou a reducir o acto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Van xa case cen anos do asasinato de tres veciños de Salceda de Caselas e Tui en Sobredo (Guillarei-Tui). Foi un 28 de novembro de 1922, hai 98 anos. Un feito que quedou gravado na memoria colectiva e que cada ano se lembra cunha ofrenda no coñecido como monumento dos Mártires de Sobredo.

Cándida Rodríguez, veciña de Pazos de Reis parroquia de Tui; e os veciños de Salceda de Caselas, Joaquín Besada, de Soutelo e Venancio González Romero, de Budiño, morreron cando a Guardia Civil disolveu a tiros centos de persoas que se concentraron no lugar para protestaren polo embargo das súas propiedades a un veciño que se negaba a pagar os foros.

Eran momentos convulsos e dunha grande conciencia política que se exercía desde as múltiples asociacións agrarias; así, Sobredo  é desde hai case cen anos símbolo da unidade por defender o dereito a non pagar por traballar a terra, símbolo da importancia da solidariedade e do pobo para mudar o mundo.

Este ano a Covid-19 non permitiu celebrar o acto multitudinario de conmemoración que anualmente se convoca; por tal motivo reduciuse a unha ofrenda floral no monumento, realizada ao son antiga Marcha do Reino de Galicia. Participaron, enviando ramos e coroas, os Concellos de Tui e Salceda de Caselas; en representación das entidades veciñais e educativas:  o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural de Parderrubias e o IES San Paio de Tui; e, de organizacións políticas, Movemento Salceda, BNG e Galiza Nova.

Participaron na ofrenda o alcalde e representación da corporación Municipal de Tui; o goberno municipal de Salceda; descendentes (bisnetas) de Cándida Rodríguez e unha comisión da Dirección do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), entidade organizadora desta conmemoración.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...