InicioSociedadeEntidades que traballan en Vigo con persoas en risco de exclusión recibirán...

Entidades que traballan en Vigo con persoas en risco de exclusión recibirán 4 millóns en dous anos

As subvencións tamén poden destinarse a financiar servizos de formación, intervencións en zonas de exclusión, integración socio-laboral ou iniciativas de inclusión da poboación inmigrante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Inclusión Social da Xunta, Arturo Parrado, visitou este mércores varias entidades en Vigo que traballan con familias vulnerables e persoas en risco de exclusión, e subliñou que o goberno galego destinará, nos próximos dous anos, 4 millóns de euros para apoiar máis de 200 programas desenvolvidos por estas entidades.

Parrado estivo, xunto coa delegada territorial da Xunta, Marta Fernández Tapias, no comedor social que atenden as Misioneiras do Silencio, e na sede de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.

Segundo explicou, as achegas autonómicas enmárcanse na nova orde de axudas para entidades no período 2020-2022, que conta cun orzamento total de 17,8 millóns de euros (un 20 por cento máis que no período 2018-2020).

No caso da Misión do Silencio, recibirá 192.000 euros para financiar o funcionamento do seu comedor social, para renovar as instalacións e para adquirir equipamento como maquinaria para a cociña ou unha cámara frigorífica.

Cáritas Diocesana, pola súa banda, recibirá 195.000 euros para financiar o seu servizo de provisión de recursos básicos para persoas sen ingresos e outros proxectos de inclusión social.

Segundo lembrou Arturo Parrado, a través desta orde de axudas, as entidades poden cubrir gastos de funcionamento dos seus centros de inclusión e emerxencia social, e sufragar actuacións que complementan os servizos sociais básicos.

As subvencións tamén poden destinarse a financiar servizos de formación, intervencións en zonas de exclusión, integración socio-laboral, iniciativas de inclusión da poboación inmigrante, etc.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...