InicioSociedade60 cámaras vixilarán as rúas de Vigo durante o Nadal para evitar...

60 cámaras vixilarán as rúas de Vigo durante o Nadal para evitar aglomeracións

Os dispositivos "detectan e contan siluetas", pero non gravan nin reproducen imaxes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este martes en sesión urxente o expediente de contratación dun sistema de control de aforamentos mediante cámaras, que “cubrirán” 60 rúas da cidade, para evitar aglomeracións con motivo da campaña do Nadal.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que o importe da adxudicación será de 46.000 euros, e que se fará a principios de decembro polo procedemento de urxencia. Segundo detallou o rexedor, trátase de cámaras que non gravan nin reproducen imaxes, senón que “detectan e contan siluetas” para evitar que se excedan os aforamentos permitidos.

As cámaras “cubrirán” 60 rúas, fundamentalmente do Casco Vello e centro da cidade, no que Caballero denominou “zona vermella”, que é aquela onde se concentran os principais elementos da iluminación e a ornamentación do Nadal.

O número de cámaras dependerá da tecnoloxía que ofreza a empresa adxudicataria, e deberán abarcar un rango de entre 30 e 400 metros. Se este sistema detecta que se alcanza o aforamento permitido nas zonas controladas (que estarán delimitadas por valos), estas pecharanse para impedir o paso da xente e as aglomeracións.

Este sistema de control de aforamento será complementado coa acción de 23 persoas contratadas polo Concello que, con apoio da Policía Local, velarán porque se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria (uso de xel desinfectante, evitar aglomeracións, respecto dos aforamentos, distancia de seguridade, etc.).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...