InicioEconomíaLuz verde á ampliación do Ifevi, que terá un investimento de "5...

Luz verde á ampliación do Ifevi, que terá un investimento de “5 a 7 millóns” de euros

A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia dá a súa aprobación á ampliación do Instituto Feiral de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia informou favorablemente este martes a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), tras un acordo unánime de todos os seus membros, de maneira que, tras o seu paso por Consello da Xunta, a administración galega poderá licitar e executar as obras, a condición de que o Concello poña os terreos necesarios á súa disposición.

Segundo informou o Goberno galego, agora a Consellería de Economía elevará a proposta ao Consello para o visto e prace do Executivo autonómico.

O visto e prace da Comisión de Urbanismo produciuse unha vez que a Xunta recibiu xa todos os informes preceptivos para esa actuación, o último dos cales, da Demarcación de Estradas do Estado, chegou o pasado 19 de outubro.

A Xunta lembrou que a licitación das obras está “condicionada” a dispor dos terreos, “unha tarefa que lle corresponde ao Concello de Vigo”, polo que instou ao Goberno vigués a “cumprir a súa parte” e proceder á expropiación deses espazos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este martes estivo en Vigo para visitar o barrio de Navia con motivo da súa ampliación, tamén se referiu ás obras do Ifevi, nas que a administración autonómica investirá “entre 5 e 7 millóns de euros”.

Esa dotación estará recollida no orzamento de 2021 e, no caso de que se puidese licitar antes, tramitaríase un expediente anticipado de gasto, segundo sinalou, á vez que reafirmou o “compromiso” do seu Goberno coa ampliación do recinto feiral de Vigo e a súa disposición a empezar as obras “en canto estean os terreos”.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...