InicioEconomíaPSA Vigo suspende a quenda de noite do sistema 2 este domingo...

PSA Vigo suspende a quenda de noite do sistema 2 este domingo e o próximo ante “previsións á baixa” da demanda

A decisión estivo motivada, segundo a empresa, pola necesidade de adaptarse a "un contexto xeneralizado de peche dos mercados europeos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta do Grupo PSA Peugeot Citroën en Vigo comunicou este martes ao comité de persoal que se suspenderá a quenda de noite do sistema 2 este domingo e o próximo, días 15 e 22 de novembro, ante as “previsións á baixa” da demanda.

Segundo confirmaron fontes da empresa, a decisión estivo motivada pola necesidade de adaptarse a “un contexto xeneralizado de peche dos mercados europeos”, que leva que se manteña “un panorama incerto de produción”.

Deste xeito, canceláronse as quendas de noite do sistema 2 durante os domingos 15 e 22 de novembro. Polo momento, optouse por manter a produción o día 29 deste mes nos dous sistemas, pero, se fosen precisas a recuperación de perdas no mes de novembro e a anulación desa xornada, a decisión “comunicaríase coa maior antelación posible”.

Así mesmo, para decembro prevese que se manteña a actividade, aínda que se informaría de modo anticipado en caso de suspenderse a quenda de noite nalgún domingo.

Esta decisión tomouse tras a suspensión da quenda de noite do sistema 2 que tivo lugar o pasado domingo para axustar a produción á demanda do mercado.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...