InicioPolíticaAbel Caballero cre que Feijóo non contratou "nin un só rastreador" e...

Abel Caballero cre que Feijóo non contratou “nin un só rastreador” e que non dá datos “para ocultar a súa neglixencia”

Volve criticar o "bochorno" das "escasas" axudas da Xunta á hostalaría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que o goberno de Feijóo “non contratou nin un só rastreador” e que, precisamente para “ocultar a súa neglixencia”, “ordenou ao conselleiro de Sanidade” que non facilite ao rexedor os datos de evolución da pandemia de COVID-19 na cidade.

Caballero volveu denunciar que segue sen ter os datos do número de contaxios na cidade, e que non lle deron información actualizada desde o pasado venres. “O conselleiro fala e non cumpre (…), son o único alcalde dunha gran cidade da Península que non ten información“, denunciou.

O rexedor cualificou a Feijóo como “un ocultador nato” e “mentireiro compulsivo”, que “segue negando” a información á cidade, e concluíu que, despois de non aclarar cantos rastreadores hai para a cidade, é evidente que “a Xunta non contratou nin un só rastreador”. “E por iso Feijóo non quere dar os datos, para ocultar a súa neglixencia”, engadiu.

Por outra banda, Abel Caballero referiuse aos datos da pandemia na área sanitaria e apuntou que, segundo os últimos números coñecidos de novos contaxios, “dá a sensación de que se está contendo a curva de crecemento”, mais insistiu en que aínda é pronto e mantense a “mala situación”.

AXUDAS Á HOSTALARÍA

Por outra banda, o alcalde referiuse novamente ao “bochorno” das “escasas” axudas da Xunta ao sector hostaleiro, e insistiu en que o Goberno galego non só ten as competencias nesta área, senón que “recibiu 750 millóns de euros do Goberno de España”.

Caballero, que hai uns días avanzou que o Concello adoptaría medidas para apoiar o sector, precisou que, primeiro, esperará a ver se a Xunta “rectifica” e destina “polo menos 65 millóns de euros” a axudar os hostaleiros.

En todo caso, insistiu en que as competencias son do Goberno galego “segundo o Estatuto de Autonomía”, e lamentou que o PP de Vigo, que criticou duramente a falta de axudas municipais ao sector, “defende a Xunta no canto de defender á cidade”. “Isto pasa porque no PP de Vigo son politicamente moi débiles, e dependen dos seus xefes de Santiago, para ver se os volven pór nas listas. Ao BNG pásalle o mesmo”, resolveu.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...