InicioSociedadePersoal e técnicos do Iberconsa Amfiv dan negativo en PCR feitas tras...

Persoal e técnicos do Iberconsa Amfiv dan negativo en PCR feitas tras detectarse dous posibles casos

Os resultados das probas foron trasladados ás autoridades sanitarias, que deron o visto e prace á continuación da actividade deportiva do club.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As probas PCR realizadas aos membros do persoal e do corpo técnico do club vigués de baloncesto en cadeira de rodas Iberconsa Amfiv deron resultado negativo en COVID-19, e corrixiron os resultados do test serológicos realizados a principios de semana, e que deron dous casos positivos.

Así o confirmou o club a través dun comunicado, no que lembrou que os membros do equipo sometéronse o luns a un test serológicos rutineiros e o martes foron informados de que dous deles deran resultado positivo. Ese mesmo día pola tarde, persoal e corpo técnico volveron ao Hospital Vithas de Vigo para someterse a probas PCR que, finalmente, tiveron resultado negativo en todos os casos.

Segundo apuntou o Iberconsa Amfiv, desde o hospital explicaron que estes resultados son compatibles co feito de que un dos casos positivos xa pasou a enfermidade (o IgG resultou positivo e o IgM negativo). Presumiblemente esta persoa contaxiou a outro integrante do equipo, que no test serológico deu un resultado IgG positivo e un IgM tamén positivo, aínda que con carga baixa, o que denota que “estaba a pasar a enfermidade”.

Ambas as persoas atopábanse asintomáticas e o seu grao de contaxio foi leve, polos índices de carga viral detectados. Segundo destacou o club, estes resultados evidencian a importancia de realizar este tipo de probas de maneira periódica, porque permiten detectar e illar rápido os casos asintomáticos.

Os resultados das probas foron trasladados ás autoridades sanitarias, que deron o visto e prace á continuación da actividade deportiva do club. Así, os xogadores volverán adestrar e o sábado recibirán ao ADM Econy de Gran Canaria no pavillón Pablo Beiro.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...