InicioSociedadeA Universidade de Vigo decreta a teledocencia na Facultade de Educación e...

A Universidade de Vigo decreta a teledocencia na Facultade de Educación e Deporte e nun curso de Publicidade

Ambas están no campus de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo decretou a teledocencia na Facultade de Ciencias ds Educación e ou Deporte, así como no cuarto curso da titulación de Publicidade e Relacións Pública, ambos no Campus de Pontevedra.

A decisión, comunicada a través dun aviso no portal electrónico da rectoría, responde ao principio de “prudencia” despois da realización dun cribado entre os alumnos da universidade a través de test serolóxicos.

Con todo, o reitorado aclara que o centro non se pecha, senón que, simplemente, impartiranse as clases de forma telemática de todas as titulacións que se imparten en Ciencias da Eduación e Deporte e no curso do grao de Publicidade.

A suspensión da docencia presencial, adoptada de forma preventiva, será avaliada de novo o vindeiro mércores, cando a dirección da UVigo contará cos resultados das probas PCR que se realizarán ás persoas sospeitosas de ser positivas tras o 2.500 test serolóxicos realizados ata o momento nos campus da universidade.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...