InicioPolíticaMarea de Vigo reclama para as parroquias un terzo dos orzamentos municipais...

Marea de Vigo reclama para as parroquias un terzo dos orzamentos municipais de 2021

Argumentan que nelas reside un terzo da poboación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este mércores que un terzo dos investimentos previstos no orzamento de 2021 se destinen ás parroquias, xa que é onde vive un terzo da poboación do municipio, e pediu que “se empezo a traballar” na creación de empresas pública para xestionar servizos.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, sinalou que Marea presentará un documento coas súas suxestións para os orzamentos locais do ano que vén, unhas contas que, demandou de novo, deben ser “participativas”. Así mesmo, advertiu de que deben tomarse medidas para non incorrer en problemas de execución, como vén pasando ano tras ano, en que non se executan todos os orzamentos.

Entre as súas propostas, Marea de Vigo puxo sobre a mesa a distribución dos investimentos por distritos, e con criterios de poboación, idade ou dispersión, de maneira que un terzo deses investimentos se desitinen onde vive un terzo da poboación, é dicir, as parroquias e barrios periféricos.

Por outra banda, Rubén Pérez reclamou “que haxa unha verdadeira negociación” cos sindicatos para deseñar o capítulo 1, o destinado a pagar gastos de persoal, e lembrou que, o pasado ano, “quedaron 6 millóns de euros sen executar” destas partidas.

Finalmente, Marea pediu que partidas que quedaron sen executar, como as destinadas a bolsas de inglés ou as axudas a aerolíneas, póidanse destinar a axudar a pemes, comerciantes e hostaleiros.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...