InicioSociedadeOs casos ingresados no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo...

Os casos ingresados no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo diminúen respecto de 2019

Pasaron de 787 a 712.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, indicou que os casos ingresados no Xulgado de Violencia sobre a Muller da cidade nos nove primeiros meses deste ano diminuíron respecto dese período de 2019. Así o indicou nunha reunión mantida no seu despacho coa presidenta da Asociación Rede De Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, Rosa Fontaíña.

O xuíz decano concretou que, no que vai de ano, o número de asuntos penais de entrada no Xulgado de Violencia sobre a Muller reduciuse de 787 a 712 respecto ao ano anterior. Ademais, precisou que os civís pasaron de sumar 83 a 65 no mesmo período.

Así mesmo, Germán Serrano lembrou que se incorporaron un psicólogo e unha traballadora social ao xulgado e destacou que “se melloraron as medidas de atención á vítima”. Así, apuntou que se dá cumprimento á Lei do Estatuto da Vítima do Delito.

Tamén asegurou que o Xulgado de Violencia sobre a Muller representará “unha prioridade” na nova Cidade da Xustiza de Vigo e detallou que se instalará na planta baixa do edificio do antigo Hospital Xeral. Deste xeito, contará con accesos separados para vítimas e agresores, salas amables para prexudicadas e menores, un espazo para a exploración de menores e un servizo de atención á vítima.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...