InicioSucesosPiden 11,5 anos de cárcere para o home que matou a golpes...

Piden 11,5 anos de cárcere para o home que matou a golpes ao seu pai en Sárdoma e escondeu o corpo no monte

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 11 anos e medio de prisión para o autor confeso da morte do seu pai, ao que propinou varios golpes na cabeza na súa casa de Sárdoma, en Vigo, e cuxo cadáver foi descuberto días despois, a principios de xaneiro de 2019, envolvido en plásticos e tapado con vexetación.

Aínda que estaba previsto que o acusado, Manuel A.Q., fora xulgado por un tribunal de xurado este martes, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, fontes do TSXG avanzaron que as partes chegaron a un acordo polo que, previsiblemente, non será necesaria a celebración da vista.

Segundo o escrito de acusación pública, á primeira hora da mañá do 27 de decembro de 2018, Manuel A.Q., que vivía nunha casa na mesma leira que o seu pai, golpeou ao seu proxenitor varias veces na cabeza cun obxecto contundente, “con intención de acabar coa súa vida”. Nese momento, sostén a Fiscalía, o procesado mantiña intacta a súa capacidade de discernimiento, aínda que a súa capacidade volitiva estaba “minguada de forma moderada”.

Tras atacar ao seu pai, o acusado introduciu o seu corpo nun alpendre, onde o atou de pés e mans e envolveuno en bolsas de plástico. A continuación, foise a traballar con normalidade e non foi ata tres días despois que cargou o cadáver nunha carretilla e o levou a unha zona forestal, no Camiño Pontillón, onde o depositou e cubriu de ramas e canas para dificultar a súa localización.

O corpo do pai foi atopado por uns veciños o 7 de xaneiro de 2019 e, tres días despois, durante un rexistro da Policía e a comisión xudicial na vivenda familiar en presenza do fillo, este derrubouse e confesou que el matara ao seu pai, polo que foi detido.

A Fiscalía considera a Manuel A.Q. autor dun delito de homicidio, coa circunstancia agravante mixta de parentesco, e pide que sexa condenado a 11,5 anos de prisión, tendo en conta tamén dúas atenuantes, a confesión e a alteración psíquica.

Finalmente, aínda que a acusación pública pide a imposición de costas, non pide responsabilidade civil xa que os únicos familiares do falecido son os seus outros fillos (irmáns do acusado) e estes renunciaron a reclamar indemnización.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...