InicioEconomíaA Xunta matiza que o plan de transporte metropolitano de Vigo é...

A Xunta matiza que o plan de transporte metropolitano de Vigo é unha “realidade” plasmada xuridicamente nun convenio

Responde así á a sentenza dun xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo que anula a posta en marcha da área metropolitana, e que sinala que o plan de transportes da Xunta "non existe".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia matizou este xoves que o plan de transporte metropolitano da área de Vigo é “unha realidade de natureza funcional plasmada xuridicamente” no convenio asinado entre o Goberno galego e 12 municipios desta comarca, en marzo de 2015.

A administración galega fixo esta consideración tras coñecerse a sentenza dun xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo que anula a posta en marcha da área metropolitana, e que sinala que o plan de transportes da Xunta “non existe, nin como disposición administrativa, nin como acto administrativo xeneral”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esgrimindo esa afirmación do xuíz, proclamou este xoves que a condición de que a cidade se integrase nese plan de transportes para que puidese porse en marcha a área metropolitana era unha “trampa” introducida na lei por Feijóo, e que o ente supramunicipal nunca podería empezar a funcionar porque dita condición é de “imposible cumprimento”, ao non existir o plan de transportes.

Respecto desas manifestacións, a Xunta sinalou que o plan é unha “realidade” plasmada nese convenio asinado en marzo de 2015 (no que Vigo non estaba) e que ten “natureza vinculante” e partidas orzamentarias consignadas.

“A existencia dese plan, articulado conforme aos termos recollidos no convenio, fixo posible que ao longo dos últimos cinco anos se materializasen bonificacións no uso do transporte público interurbano na área de Vigo por importe de máis de 7 millóns de euros”, lembrou o goberno galego.

Por outra banda, incidiu en que o plan de transporte metropolitano da área de Vigo é un dos programas “incluídos nunha realidade funcional máis ampla, coñecida como plan de transporte metropolitano de Galicia“, cuxa existencia está recollida “en diferentes disposicións normativas”, como as ordes polas que se regulan as tarifas das concesións de transporte, o plan de modernización das concesións, ou a lei 10/2016 de medidas urxentes para a racionalización do sistema de transporte público de Galicia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...