InicioVigo e contornaRedondelaDimite a directiva dun IES de Redondela pola falta de dotación de...

Dimite a directiva dun IES de Redondela pola falta de dotación de persoal de limpeza por parte da Xunta

Este movemento súmase a outras renuncias por parte de equipos de centros pola xestión da COVID-19

PUBLICADO O

- Advertisement -

O equipo directivo do IES Illa de San Simón de Redondela presentou a súa dimisión pola situación xerada ao redor do inicio do curso e a reapertura do centro ao alumnado debido á falta de atención por parte da Xunta ás súas peticións para ampliar o persoal de limpeza para reforzar as tarefas de desinfección e hixienización pola COVID-19.

O escrito, que foi presentado este martes ante a xefatura territorial de Pontevedra, defende o traballo de preparación realizado desde xuño para poder iniciar o curso en condicións de seguridade. Para iso, presentaron solicitudes debidamente xustificadas para poder contar un reforzo de persoal de limpeza xunto con medicións realizadas pola unidade técnica.

O centro conta cun limpador a xornada completa e outra a media xornada e unha superficie de entre 2.900 e 3.000 metros cadrados repartidos en catro edificacións. No escrito acreditan que, cos medios actuais, esta traballadora tería que asumir as tarefas nunhas 3,5 horas, cubrindo todos os cambios de clase, do mesmo xeito que o outro empregado tería que encargarse de 20 aulas, a aula COVID, un pavillón de 700 metros cadrados, biblioteca, sala de profesores, 11 aseos, 16 despachos, corredores e vestíbulo.

O equipo directivo “non está disposto a asumir a responsabilidade” de abrir un centro “que non cumpriría coas condicións de hixiene básicas impostas” pola Xunta, ante a imposibilidade de facelo cos medios humanos dispoñibles na actualidade.

“Tal situación vai contra a saúde do noso alumnado e persoal e podería ter consecuencias legais no caso dun brote”, advirten. Por iso, tendo en conta que a solicitude de persoal non foi atendida e que as tarefas realidades ata o momento exceden as propias do seu posto e os seus coñecementos de prevención de riscos, decidiron presentar a súa dimisión.

OUTROS CESAMENTOS

Nas semanas previas, o equipo directivo do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña tamén presentara a súa renuncia para denunciar o “menosprezo” cara á comunidade educativa por parte da Xunta e os “continuos cambios no protocolo contra a COVID-19”.

Os traballadores do centro difundiron imaxes a través de redes sociais para visibilizar as consecuencias da separación dun metro entre cabezas (permitida por Educación mediante a instalación de biombos) e protagonizaron protestas ás portas do centro.

Doutra banda, a directiva do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove tamén presentaran a súa dimisión polas condicións do centro, en obras durante o arranque do curso en infantil e primaria e con aulas non preparadas ante a pandemia.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...