InicioSociedadeFrancisco Javier Puente Prieto, novo xerente da área Sanitaria de Vigo

Francisco Javier Puente Prieto, novo xerente da área Sanitaria de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas nomeou a Francisco Javier Puente Prieto como novo xerente da área Sanitaria de Vigo, en substitución de Xullo García Comesaña, tras ser designado conselleiro de Sanidade.

O novo xerente ata agora ocupaba o posto de director de Procesos Asistenciais na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, informou o Sergas nun comunicado. O Sergas destacou que “conta cunha ampla traxectoria como xestor na sanidade pública galega”, na que xa exerceu diferentes postos de responsabilidade na área de Vigo en etapas anteriores.

Puente Prieto é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, especialista en dirección estratéxica de hospitais pola Universidade Politécnica de Valencia. Iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da xestión sanitaria como subdirector médico do entón Complexo Cristal-Piñor, indican as mesmas fontes do Sergas, para posteriormente, ocupar o posto de director médico en 1999. En 2000 asumiu a dirección operativa, unha vez integrados os hospitais no CHUO.

Con posterioridade, ocupou en 2007 a xerencia do Hospital comarcal de Monforte de Lemos e a dirección de centros no Chuvi en 2009. A partir de 2012 responsabilizouse da dirección de Procesos Asistenciais na área Sanitaria de Ferrol e, desde 2015 ata 2018, exerceu como director de Procesos na área sanitaria de Vigo ata que se traladó a Ourense.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...